Agora meteuse
este demonio grande
aquí
pero se levo vinte anos
ensanchando o peito
e quentándoo lento
hame apretar as costillas
e hame falta-lo aire
pero me cago en Dios,
que a min desta non me leva
nin a min nin a ela
10 de junio de 2012
O carallo é que esto que me pasa ahora,
esta semiótica subconsciente
co seu aprete do peito
e da mandíbula
e tamén coa autosugestión
ás veces pra ben, ás veces pra moi mal
parece suma de tódalas fantasías catastrofistas
que recordo
me viñeron.
17 de mayo de 2012
Apreto
a manilla da desbrozadora
e baixo a mesma
e salta unha pedra
e dame na perna,
pero eu
miro os brazos, e sí
téñoos todos rabuñados.