9 de diciembre de 2011

CHUVIA OU SARABIA

Cando era pequeno, e lía máis (ou polo menos con máis interés) non sabía, porque ninguén mo explicara, nin eu soupen buscarlle explicación, o que quería dicir [...] cando aparecía nun texto, así que a esta simboloxía, [...], funlle dando varios significados distintos co tempo, algúns por completo absurdos (ou case todos).
E dalgún xeito, saber o que quere dicir [...], marcou un punto sen retorno, e agora xa non ten interés ningún, nin volta nin traza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario